A impaciencia, pensaban Jerome e Sylvie, e unha virtude do seculo vinte. Os vinte anos, en canto viron, ou creron ver, o que podia se-la vida, a cantidade de alegrias que agachaba, as infinitas conquistas que permitia, etc., souberon que non terian azos para agardar. Poderian triunfar, como calquera outro, pero eles o unico que querian era ter triunfado.